12/06/2008

 

Un cuentín gallegu


A HISTORIA DE MINGOS DE CAIÓN


Mingos de Caión era un mariñeiro galego que viaxaba no Skajerrat. O barco afundíu, como poido agarrado a un madeiro chegóu ata unha pequena illa medio morto, aló no Pacifico. Alí foi recollido polos habitantes de aquela Illa, el e o seu acordeon. Un acordeon alemán que navegóu cando el, loitando pola vida.

Mingos de Caión chegóu a aquel lugar e foi recibido coma un Deus, un deus que tocaba o acordeón. Aquela xente pacífica e entrañable acolleulo de tal maneira que chegóu a casar coa filla do xefe, aquelo que chamaban o home que leva na man o arpón

Mingos de Caión era feliz, máis feliz non se podía ser ente esa xente maravillosa e hospitalaria. E sen embargo, ó caer a tardiña cada día Mingos de Caión collía o seu acordeon e cantaba. Cantaba "Santo Cristo de Fisterra", cantaba "Virxe da barca en Muxia", e a máis bonita de todas, a que diz:


"Miña nai, miña naiciña
como a miña mai, nengunha
que me quentóu a cariña
co caloriño da súa"




Conto e Cadro: Urbano Lugrís

Labels: ,


Comments:
Esta mi ben esta lenda xa escoitara algo falar de ela, adiante co blog, saudos
 
Post a Comment



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?